En  CASASANA somos unha equipa de profesionais de arquitectura e o urbanismo que deseñamos un catálogo de casas sostibles, (bioconstruidas), económicas e duradeiras que poñemos á súa disposición.

 

Consideramos que debemos construír ben pegados á terra, con sinxeleza e autenticidade.

Apostamos polos materiais naturais, locais e sans, polos sistemas construtivos sinxelos, económicos e coas mínimas necesidades de mantemento.

Optamos por técnicas construtivas fáciles de implementar por pequenas empresas construtoras e persoal locais.

 

A maioría das familias constrúense unha vivenda en toda a súa existencia. Habitualmente, os recursos económicos necesarios para facelo supoñen os aforros dunha vida ou ben un financiamento bancario que implicará décadas de amortización.

Por iso, facer proxectos con escaseza de recursos é sempre o noso punto de partida. Vívese máis folgado nunha pequena casa con poucas débedas (ou sen elas), que nunha grande con moita carga financeira. Sobra dicir que tamén se vive con máis alegría. E se chega a necesidade de ampliar, ampliarase.

Se isto que escribimos paréceche ben, podes chamarnos cando necesites construírche a túa casa. Atenderémosche encantados.

 

CASAS NATURAIS, ECONÓMICAS E DURADEIRAS

 

CASA NATURAL e SAUDABLE

Vivendas construídas con materiais naturais e/ou de baixo impacto ambiental e que non impliquen toxicidade para as persoas ou o medio ambiente.

As vivendas de  CASASANA “respiran” facilitando os intercambios de humidade entre a vivenda e a atmosfera. Isto deriva nunha alta calidade do aire interior e nunha humidade relativa adecuada á saúde humana, considerando os seguintes parámetros:

  • Utilización de materia prima o menos elaborada posible e, cando é posible, próxima á zona de localización da vivenda.
  • Utilización de materiais que non conteñan asbestos, poliuretano ou PVC, pinturas de poro pechado, así como compostos orgánicos volátiles tóxicos (COVs para máis información ver: Web do Ministerio para la Transición Ecológica)
  • Orientación solar adecuada para obter o máximo aproveitamento térmico e lumínico de cada lugar, mantendo a temperatura interior sen necesidade de utilizar custosos sistemas de calefacción ou refrixeración, pois utilizamos sistemas pasivos que optimizan o aproveitamento das condicións naturais.
  • Non presencia de radon (canceríxeno, para máis información ver: Web da American Cancer Society)
  • Regulación natural da humidade.
  • Ventilación natural.
  • Non utilización de conducións de electricidade, auga ou doutro tipo próximas aos lugares de descanso.

CASA ECONÓMICA

CASASANA son vivendas de alta calidade construtiva que, ademais;

  • Teñen un custo considerablemente máis baixo que os prezos habituais das vivendas novas existentes no mercado.
  • Permiten uns custos de mantemento da vivenda moi baixos. As solucións construtivas que utilizamos protexen á vivenda das humidades indesexables e permiten a ventilación natural dos elementos construtivos e das estancias.
  • É moi reducido o custo de mantemento do confort (calefacción, auga quente, refrixeración, etc), pois deseñamos partindo de sistemas pasivos (gran illamento térmico de muros, alto acristalamento de portas e xanelas, ausencia de pontes térmicas, boa e controlada ventilación e, por último, estanqueidade ao aire que evite as perdas enerxéticas.
  • Proxectamos os acristalamentos de gran dimensión na orientación adecuada utilizando paredes e chans de alta inercia térmica para reter a calor no inverno e emitilo durante a noite. Os muros da vivenda son dun grosor considerable e contan con espesores de illamento (natural, preferentemente cortiza) moi superiores aos esixidos polas normativas.

CASA DURADEIRA

CASASANA está construída con materiais nobres, resistentes, que envellecen de maneira lenta (arxila, madeira, cal, etc) e que, por tanto, minimizan os custos de mantemento. Estes materiais que resisten os efectos do paso do tempo, da radiación solar, da choiva, das xeadas, etc.

O deseño das vivendas de  CASASANA sempre busca un bo illamento da humidade, protexidas das emisións tóxicas (gas radon, etc) e das condicións meteorolóxicas (choiva, sol,…).

CATÁLOGO

 

Dispoñemos dun catálogo de vivendas dun, dous, tres e catro dormitorios en versións  súper compactas (co espazo imprescindible para o desenvolvemento da vida) ou ben máis estendidas (con maior dispoñibilidade de espazo tanto en cada unha das estancias, como nos espazos de unión e nos exteriores).

Partimos da base de que o noso catálogo será un lenzo en branco que cada usuario poderá personalizar segundo as súas preferencias. Ofrecemos, por tanto, a posibilidade de elección dos acabados por parte de cada cliente.

Neste apartado presentamos unha pequena mostra do noso catálogo completo. Para obter máis información, pode contactarnos.

Contacto

Casasana pertence a  SeteOitavas, unha cooperativa formada por María Ríos, urbanista, Álex F. Palicio e Jesús Carrazoni, ambos arquitectos. Somos unha organización comprometida social e conscientemente co avance e o desenvolvemento sostible dos territorios, das cidades, dos lugares e das comunidades.

A parte visible dun iceberg é tan só unha oitava parte do mesmo: a maior parte do mesmo está oculta baixo a auga. Tamén nos nosos proxectos hai sete oitavas partes ocultas do noso traballo, o intanxible, a investigación previa necesaria, o diálogo coas persoas ás que afecta, o proceso de ideación dos proxectos…

Traballamos desde Vigo e desde  Monção, desde onde xestionamos servizos en todo o territorio galego e o norte de Portugal.

SeteOitavas, Sociedade Cooperativa

ESF27870997 | Libro de inscrición de sociedades cooperativas. TOMO XI. FOLLA 1053-PO. NÚM. ASENTO 1.

SEDE VIGO

Rúa Poboadores 35 baixo
Vigo 36202 Pontevedra
[email protected]

T: 0034 886 098 856 / 0034 649 572 104

SEDE MONÇÃO

Rua General Pimenta de Castro nº 38, 1º andar, D
4950-498 Monção (Viana do Castelo)
[email protected]

T: 0034 629 894 271

Datos dos Colexios profesionais

María Ríos Carballeira. ​​​​Collegi d´Arquitectes de Catalunya número 53014-1

Alejandro Fernández Palicio. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia número 4238

Jesús Carrazoni Fuertes. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia número 4083 e Ordem dos Arquitectos de Portugal número 27903

Enlace á páxina de web do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España

Enlace Códigos de conduta

Pregúntanos

    Responsable de tratamiento: Os seus datos serán tratados por SETE OITAVAS SOCIEDADE COOPERATIVA GALEGA con domicilio social en Rúa Poboadores 35 baixo , 36202 – Vigo (Pontevedra).

    Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para os fins especificados no motivo de contacto e para poder darlle resposta ás súas peticións ou consultas, con base legal no consentimento expreso.

    Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal.

    Prazo: Os seus datos serán tratados o tempo estritamente necesario para o cumprimento da finalidade ou finalidades concretas que motivaron a súa recollida, ata a perda de relevancia do seu uso ou, en todo caso, ata que sexan cancelados en resposta ao exercicio por parte do seu titular dos dereitos correspondentes.

    Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico: [email protected], ou tamén por escrito, achegando unha copia dun documento acreditativo da súa identidade á dirección: Rúa Poboadores 35 baixo, , 36202 – Vigo (Pontevedra)

    Información adicional: Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de datos na nosa política de privacidade: https://www.seteoitavas.com/politicaprivacidade/